
Esta tarde iniciábase ás 18.24 horas un incendio forestal na parroquia de Vilavella, no concello da Mezquita, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas. O incendio quedaba estabilizado ás 20:40h. de hoxe, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
Para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.