
Un xoves máis, a Asociación de Silicosis de Valdeorras (Asilival) convoca unha concentración para pedir un neumólogo permanente no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Será o vindeiro 23 de outubro ás 11h. diante deste centro hospitalario.
Dende a asociación convidan a veciñanza a sumarse a esta mobilización e agradecen o apoio recibido ata agora.