EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Eva Arias dará este venres 31 de xullo na “Pequena” o pregón da Festa das Covas de Vilamartín

Eva Arias no pregón do Cristo o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Comezou xa a conta atrás para a XXVIII Festa das Covas de Vilamartín, unha multitudinaria celebración nestas antigas adegas subterráneas na que se exalta o viño e a gastronomía que terá lugar este sábado 1 de agosto a partir das 20:30 horas.

Con todo, o limiar é cada ano “A Pequena”, unha celebración pensada para o desfrute dos coveiros que ao día seguinte abrirán as súas adegas ao público, organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín de Valdeorras. Será na tardiña deste venres 31 de xullo e a festa, que acostuma desenvolverse no barrio de Cerdeirais, incluirá tamén o acto do pregón ás 20:30 horas que nesta ocasión correrá a cargo da deportista e política Eva Arias Aira, que daba o pregón das Festas do Cristo do Barco o ano pasado.

Despois do acto do pregón terán lugar as homenaxes, ao coveiro Agustín Fernández Núñez e ao colaborador Enrique Álvarez Barreiro; e de seguido a apertura das covas, nun ambiente festivo.

 

Back to top button