OurenseÚltima hora

Evacuada en helicóptero medicalizado unha menor atropelada en Ourense

 

Na tarde deste mércores 23 de setembro unha menor era evacuada en helicóptero medicalizado tras ser atropelada na cidade de Ourense, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que a cativa “foi conducida ao Hospital de Ourense tras o accidente que se produciu preto das sete no Camiño da Seara”, zona próxima á Facultade de Dereito. “Un vehículo alcanzou á pequena, que quedou tendida na vía”, segundo explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaba aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan coñecemento do suceso e estaban a preparar o despegue do helicóptero medicalizado con base en Ourense co obxectivo de “realizar un traslado rápido ao hospital da cidade”.

Ao lugar dos feitos acudía tamén unha patrulla da Policía Local.

Back to top button