
Na mañá deste xoves 17 de outubro, unha persoa tiña que ser evacuada en helicóptero tras sufrir o atropelo dun tractor no Riós, tal como informan dende o 112 Galicia, indicando que “non houbo máis feridos”.
O accidente tiña lugar pouco despois das 12:30 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia “unha persoa sufrira o atropelo dun tractor nunha finca, na parroquia de Trasestrada”.
Os xestores do 112 Galicia compartiron a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, coa Garda Civil e coa Agrupación de Voluntarios de protección Civil do Riós, acudindo ata o punto o helicóptero de urxencias sanitarias con base en Ourense, a bordo do cal sería trasladado o ferido.