OurenseÚltima hora

Evacuado en helicóptero un condutor tras envocarcar co seu vehículo en Ramirás

 

Contra as 11:45 horas deste venres 29 de marzo producíase un accidente de tráfico na OU-531, no lugar de Veiga, en Penosiños, no concello de Ramirás. “Unha persoa particular contactaba a esa hora cos xestores de emerxencias para avisar dun coche envorcado na beirarrúa da OU-531. Segundo o relato deste alertador, a persoa atopábase no interior do coche e asemellaba que o seu estado era de gravidade, ademais, o alertador engadía que tiñan dificultades para sacar á persoa do vehículo, pois o cinto de seguridade llo impedía”, tal e como informa o 112 Galicia, que de inmediato pasaba aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que derivaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense”.

Do mesmo xeito foron informados os membros do GES Terras de Celanova, que tamén se desprazaron decontado ao lugar. Así mesmo, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Terras de Celanova.

“Os membros do GES Terras de Celanova tiveron que intervir, sen ser necesario o uso de material de excarceración, na evacuación do ferido, que, tras ser liberado, foi trasladado nun helicóptero medicalizado”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button