OurenseÚltima hora

Evacuado en helicóptero un operario tras sufrir un accidente cunha cadea en Leiro

 

Na tarde deste martes 2 de xuño producíase un accidente laboral en Leiro, no que un traballador tiña que ser evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente cunha cadea.

O accidente no que o operario sufría “a amputación dunha man”, segundo indican dende o 112 Galicia, tiña lugar pouco antes das 17 horas, nunha planta de compostaxe, na parroquia de Lamas. Desde a Sala de Operacións do 112 compartían a información co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que “xa tiña constancia e desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto”. Tamén mobilizaban ao GES de Avión e a Garda Civil. “Logo de que os medios acudisen ata o lugar, procedeuse ao traslado da vítima a bordo do helicóptero”, detallan dende o 112.

Back to top button