OurenseÚltima hora

Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu vehículo na OU-536, no Castro Caldelas

 

Un cuarto de hora despois da media noite de hoxe, producíase un accidente de tráfico no quilómetro 45 da OU-536, no municipio do Castro Caldelas. “Segundo lle indicou un particular implicado ao 112 Galicia, sufrira un accidente e quedara envorcado no medio da vía, sen dar saído ao exterior”, tal e como informa o 112 Galicia.

Sen agardar, desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Castro de Caldelas, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castro de Caldelas.

“Os membros do GES precisaron usar o material de excarceración para liberar ao ferido e que posteriormente fose atendido e trasladado polo persoal sanitario desprazado á zona”, segundo informa o 112 Galicia, matizando que “non houbo máis vehículos implicados” no accidente.

Back to top button