OurenseÚltima hora

Excarcerada unha persoa tras producirse un accidente entre dous turismo na N-120, en Melón

 

Unha persoa tivo que ser excarcerada esta tarde despois de que se producira un accidente entre dous turismos en Melón. O sinistro produciuse na N-120, ao redor do quilómetro 603, ao seu paso pola parroquia de Quins, segundo informa o 112 Galicia, que recibía o aviso ás 19:25 horas a través da chamada dun particular, que alertaba dunha colisión entre dous turismos na que unha das persoas implicadas podería atoparse atrapada no interior dun dos vehículos.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Ribadavia, do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

“Á chegada ao lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que unha das persoas ocupantes permanecía atrapada polas pernas, polo que foi necesario empregar material de excarceración para liberala. Unha vez liberada, a persoa ferida foi atendida polo persoal sanitario e posteriormente trasladada ao centro hospitalario de referencia”, tal e como indica o 112 Galicia.

Back to top button