OurenseÚltima hora

Excarcerados 2 ocupantes dun turismo que chocaba contra varios vehículos en Ourense

 

Arredor das 20 horas do mércores 1 de maio producíase un accidente de tráfico na cidade de Ourense, no que un turismo chocaba contra varios vehículos estacionados. “Foi un particular que presenciou os feitos quen chamou ao 112 Galicia e indicou que podía haber varias persoas atrapadas no interior dun dos coches implicados”, tal e como informan dende o 112 Galicia.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e da Policía Local de Ourense. “Cando chegaron ao punto, os equipos de emerxencias comprobaron a natureza do suceso e confirmaron que había dúas persoas atrapadas nun vehículo. Por tanto, os bombeiros municipais procederon a excarceralas, tralo que foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia en ambulancia”, informa o 112 Galicia, matizando ademais que o choque ocasionaba “danos materiais a catro turismos que estaban aparcados na rúa Díaz de la Banda”.

Artigos relacionados

Back to top button