En portadaÚltima hora

Exitosa 2ª Festa da Malla de Bidueira (Manzaneda), con demostración, cea e a actuación do Mago Teto

 

Durante moitos anos o veciño de Bidueira (Manzaneda), Aquilino Pérez, traballaba moito durante na malla, primeiro de forma manual e despois con maquinaria, sendo a súa a única na zona coa que ía de eira e eira ata que, haberá uns 30 anos, a malladora deixou de traballar.

 

 

Pasou o tempo e os fillos de Aquilino, especialmente Agustín, barruntaban a forma de poñela de novo en marcha, sen chegar a facelo, ata o ano pasado. Para darlle máis emoción ao feito en si, organizaban unha festa á que basicamente acudían a familia e os veciños, na que se recreaba o labor da malla, cunha demostración na que podía verse como ao meter o cereal na máquina, por un lado saía o gran, que se ía depositando nun saco, e pola outra a palla. Con ela ía formándose, progresivamente o palleiro.

 

 

Foi un detalle moi bonito co que rendían homenaxe a Aquilino, que participaba emocionado, falecendo uns meses despois, en xaneiro deste mesmo ano, aos 92 anos. Quizais polo feito de ter logrado organizar o evento a tempo de que o vise ou pola boa aceptación que tivo, malia a emoción e a pena pola súa perda, decidían manter a festa como unha homenaxe ao seu pai.

 

 

Xurdía así a 2ª Festa da Malla de Bidueira que se celebraba na tardiña do sábado 1 de agosto e á que acudía moita xente. “Xa non só a familia e veciños senón xente de diferentes lugares que nin sequera coñeciamos”, conta Sofia, a filla de Aquilino, recoñecendo que foi como unha gran despedida ao seu pai e, dado o apoio e axuda da xente, seguramente continuen de cara ao futuro. “Dá moito traballo pero como a xente nos axuda a idea e mantela”.

 

 

Esta segunda edición da Festa da Malla incluía ademais exhibición de coches e maquinaria antiga; e, despois da demostración real da malla dos anos 80-90 con maquinaria da época, celebraban unha cea popular de xamón asado, viño, postres e queimada nunha carpa instalada na mesma aira, á que asistían unhas 150 persoas. Nesta ocasión contaban ademais cunha actuación especial do Mago Teto e música con Dj Cabra e Dj Pegasín ue animaba a velada con música dos anos 80-90. Tampouco un inchable para os máis pequenos.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button