Ás 10h. deste sábado 2 de maio comezaba o reparto das plantas da sexta edición do programa “Flores no Camiño”, unha iniciativa promovida polo Concello do Barco a través da Concellería de Turismo para embelecer os puntos do municipio polos que pasa o Camiño de Inverno. Unha mesa instalábase na Praza de Abastos barquenses e, alí ,cada unha das persoas que realizaba previamente a súa solicitude procedía a retirar as plantas. En total eran 150 as solicitudes que se presentaban nesta edición.
Dende primeira hora formábanse colas dos solicitantes para recoller as plantas, en cuxa entrega participaban a concelleira de Turismo Alba Rodríguez; o alcalde do Barco, Aurentino Alonso; e a técnica de Turismo, Diana Ramos.

O Concello reparte nesta ocasión ata 1.500 plantas cun máximo de seis unidades por vivienda ou negocio. As persoas participantes tiñan a posibilidade de escoller entre os seguintes tipos de plantas: petunias, surfinias,
xeranios, conchitas e verbenas.
Deste xeito, a acollida resultaba nesta edición un éxito, superando datos de anos anteriores.
Fotos: A.R.
