Cunha notable participación desenvolvíase na mañá deste 30 de abril a primeira “Andaina Saudable” de Rubiá, unha iniciativa enmarcada nas accións de saúde comunitaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. O Centro de Saúde de Rubiá encargábase de avisar á veciñanza e o Concello de Rubiá cedía as instalacións da Casa da Cultura para desenvolver unha sesión na que se informaba aos asistentes sobre hábitos saúdables (e que tiña lugar á metade do percorrido).

Nesta iniciativa participaban a nutricionista Olga Vecín e as enfermeiras especialistas en comunitaria e familia: Silvia Fernández Peña e Laura Iglesias Miguelez. A andaina, cun percorrido de 2 km, partía dende a praza da Baicela de Rubiá.
Fotos cedidas.
