EconomíaEconomíaÚltima hora

Exitosa Campaña de San Valentín do CCA O Barco co reparto de flores neste 14 de febreiro na praza do Concello

 

Dende as 11 e ata as 13:30 horas aproximadamente deste sábado 14 de febreiro, está na praza do Concello do Barco de Valdeorras un posto da Asociación Centro Comercial Aberto O Barco Aberto na que regalan un carabel coa entrega dun tícket de compra dun establecemento asociado.

Trátase da Campaña de San Valentín, “deseñada para celebrar o amor en todas as súas formas” coa que “queremos visibilizar a asociación e aos nosos asociados, ao mesmo tempo que dinamizamos o espazo comercial e de lecer celebrando cos nosos clientes a data máis romántica do calendario”, aseguran dende o CCA, conscientes de que San Valentín “é un día especial” polo que queren que os seus clientes “sintan que cada detalle conta e que poden atopar o agasallo perfecto para esa persoa especial comprando nas tendas do Barco. Convidamos a todos a visitalas”, din, aconsellando que “non deixen pasar a oportunidade de comprar no comercio local e de facer deste San Valentín un día memorable” e agardando que esta campaña” inspire a todos a celebrar o amor dunha maneira única e especial”.

Os tíckets vanse introducindo nunha urna e realizarase un sorteo dunhas ceas para dúas persoas nos diferentes restaurantes asociados.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button