En portadaÚltima hora

Exitosa estrea do “Sons Urbanos” da Rúa, que atraía a unhas 2.000 persoas

 

A praza da Estación da Rúa quedábase pequena para acoller ao numeroso público que atraía a primeira edición do festival “Sons Urbanos”, que se poñía en marcha a partir das 22h. do 7 de agosto. O seu atractivo cartel incluía artistas como Kid Mount, Mela, 9Louro e Kike Varela. Esta nova cita musical que estreábase co patrocinio de Turismo de Galicia e dentro dos “Concertos do Xacobeo”.

Entre ese elenco de artistas estaba a ruesa Mela, nome artístico de Carmela Fernández Menéndez, que debutaba na súa vila natal xunto a un compañeiro, @serowayne. 

Neste festival tamén podía verse a Kid Mount, coñecido no panorama coma o neno do monte ou o pico e o tres, é un artista emerxente limiao residente en Santiago de Compostela. Con só 21 anos, posiciónase coma un dos referentes da música urbana en Galicia e en galego demostrando ser unha das propostas con maior proxección neste eido.

Do menú musical desta primeira edición do “Sons Urbanos” tamén formaba parte o cantante Martín Louro, coñecido como 9Louro e nado en Muros. Móvese no pop urbano, trap, música electrónica e raeggeton. Na súa actuación podían escoitarse temas do seu último traballo “Amorrer”.

O cartel do “Sons Urbanos” completábase con Kike Varela, considerado un dos DJs de música electrónica máis importantes de Galicia.

Unhas 2.000 persoas, segundo a organización do evento, asistían a esta primeira edición de “Sons Urbanos”, limiar doutra importante cita musical na Rúa neste sábado 8 de agosto, tamén na praza da Estación ás 22h.; a segunda edición de “Sons da Estación”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button