As augas do encoro do Bao convertíanse nesta fin de semana en escenario da primeira edición dunha travesía a nado, organizada polo Club Náutico Viana do Bolo. Este evento deportivo, que tiña lugar o sábado 9 de agosto, resultaba todo un éxito.

A proba contaba con dúas distancias para os nadadores: unha de 500 metros, na que participaban uns 30 deportistas, e outra de 1.000 metros, con 15 competidores.
O evento concluía coa entrega de premios, ademais dunha degustación.
Os ganadores da cita foron os seguintes:


“Resultou un día fantástico, tivemos unha boa participación e moita xente véu a ver a travesía. A experiencia resultou moi positiva e a nosa intención é continuar organizándoa, facer unha edición anual”, din con satisfacción dende o Club Náutico Viana do Bolo.
Ademais agradecen a colaboración que tiveron para poder levar adiante esta iniciativa, na que contaron co apoio de moitos voluntarios.
Fotos e vídeo: Club Náutico Viana do Bolo.
