ConcellosManzanedaÚltima hora

Exitoso concurso de tortilla na vila de Manzaneda

 

Cada mes de agosto, dende hai dez anos, a veciñanza de Manzaneda celebra un concurso de tortilla, que foi pasando por diferentes lugares da vila. Dende hai un tempo, nesta iniciativa colabora o Bar Nevada, cuxa terraza acolle ademais o desenvolvemento desta singular competición.

 

 

Desta volta o concurso desenvolvíase na tarde deste 18 de agosto cunha notable participación tanto de veciños como de visitantes. As tortillas a concurso sometíanse a un xurado que emitía despois un fallo. Ademais os responsables do Bar Nevada agasallaban aos participantes no concurso cunha paella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button