ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Exitoso I Torneo de Mus Casino do Barco, con 32 parellas participantes

 

Cunha gran acollida e participación desenvolvíase o I Torneo de Mus Casino de O Barco na xornada do 10 de agosto. Comezaba a partir das 11h. e remataba pasadas as 22h., nunha intensa e emocionante competición na que participaban un total de 32 parellas, boa parte das cales proceden de fóra da comarca (de zonas como Ourense, Ponferrada, Lugo e Vigo).

O sistema de xogo incluía unha fase de grupos e eliminatorias finais. Había numerosos premios, así como cestas de produtos locais. Os ganadores desta edición eran no grupo A Ángel e Manuel Ángel, sendo subcampións Miguel e Rosa e, terceiros, Amador e Álex. No grupo B impoñíanse Manolo e Carmen.

 

 

Este torneo ten sido organizado por Bruno Delgado, Nicolás Coba e Oliver García en colaboración coa Asociación Casino de O Barco. Os promotores agradecen a colaboración das persoas e entidades que fixeron posible levar adiante esta iniciativa, “en especial ás adegas da zona, pola axuda desinteresada que amosaron. Esperemos poder repetir este evento en anos vindeiros e animar máis á xente a compartilo con nós e a desfrutar da comarca”.

 

Os participantes nesta edición do torneo, na entrada do Casino do Barco./ Cedida.

 

Estas adegas colaboradoras eran A Cigarrosa, A Coroa, Adega Avelina, Alan de Val, Arnadoval, Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, D’Berna, Godeval, Joaquín Rebolledo, Roandi, Ruchel, Santa Marta e Virgen de Galir. Tamén colaboraban coa organización A Tenda de Rita, Cooperativa Barbudos e Modas Rosendo.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Galería de fotos da entrega de premios:

A entrega de premios do I Torneo de Mus Casino do Barco, en fotos

Artigos relacionados

Back to top button