Magosto, sardiñadas, chocolatadas, as festas patronais e tamén o Samaín. Na tardiña do venres 31 de outubro unhas 120 persoas asistían á festa organizada pola Asociación de Veciños As Cancelas que incluía terroríficos disfraces, merenda con castañas asadas incluídas, bingo e a actuación de Marieta.
Un éxito total nesta nova iniciativa das Cancelas para delicia dos veciños desta localidade baquense.



Fotos: Sandra García.