
A Oficina de Turismo de Parada de Sil vén de comunicar que este verán de 2025 no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil vaise estrear a Experiencia Piloto de “Visitas guiadas ao mosteiro” dentro do Plano de Posta en valor deste conxunto monástico, como elemento patrimonial para a reactivación económica do Concello de Parada de Sil.
Así, vanse programar visitas gratuítas e guiadas por personal cualificado dende o vindeiro mércores 9 de xullo ata o domingo 14 de setembro 2025 coas seguintes quendas horarias:
De mércores a domingo 2 visitas guiadas de mañán + 2 visitas guiadas de tarde
* MAÑÁ: 11:15 e 12:00 h.
* TARDE : 17:00 e 17:45 h.
Ademais, hai visita guiada incluída ao facer a reserva no Servizo de Lanzadeira a Santa Cristina (salvo imprevistos).
Esta iniciativa está financiada polo Ministerio de Transición Ecológica e Reto demográfico do Goberno de España
Máis información en Atención ao Visitante 689683713