CulturaCulturaÚltima hora

Exposición de pintura, escultura e fotografía, do 18 a 20 de setembro na Rúa Vella

“Lito” é un dos artistas que amosará a súa obra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tres expresións artísticas, tres días e dous espazos. Na fin de semana do 18 ao 20 de setembro celebrarase na Rúa Vella unha exposición de pintura, escultura e fotografía que conta coa colaboración da Asociación Sabugueiro.

Os artistas Álvarez Domínguez “Lito”, Diéguez, Roberto, Carmen Blanco e Clara Quiroga (pintura); Conde y Torino (escultura) e Marga B. Blanco (fotografía), exporán as súas obras ao aire libre, nos arredores da Igrexa de Santo Estevo e na praza César Conti, en horario de 19 a 22 horas.

 

Back to top button