CulturaCulturaÚltima hora

Exposición fotográfica de Marga B. Blanco en Can Meiga Art & Tattoo Studio, Quiroga

A inauguración será este venres 23 de outubro, de 18:30 a 21 horas

Marga B. Blanco nunha exposición ao aire libre na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Moito máis que un estudio de tatuaxes, Can Meiga Art & Tattoo Studio é un espazo creativo onde a arte “vívese, apréndese e compártese”. Ubicado en Quiroga unen nun mesmo espazo a paixón pola tatuaxe artística, a ensinanza da pintura e a difusión cultural a través de exposicións. 

“Abrimos as nosas portas a artistas de todas as disciplinas”, din dende Can Meiga, un espazo onde compartir a obra co público, ben sexa pintura, debuxo, fotografía, escultura ou calquera otra expresión artística. “Cremos no talento local e na importancia de crear un lugar de encontro para a arte e a cultura”, aseguran.

As tres primeiras mostras foron de pintura (Marisa Vázquez Hernán, Carina Rodríguez e Carmen Blanco) e agora é a quenda da fotografía, da man de Marga B. Blanco, que xa ten exposto noutras mostras colectivas ao aire libre como a da Portela de Portomourisco ou da Rúa, onde amposou unha fermosa colección de instantáneas, moitas en branco e negro pero tamén en cor. Paisaxes, rostros, pequenos detalles… que amosan o xeito en que a artista contempla o que a rodea.

A inauguración da exposición de fotografía de Marga Barrio Blanco será mañá, venres 23 de outubro, de 18:30 a 21 horas con petiscada e viño incluído.

 

 

Back to top button