
Ás 19,42 horas de hoxe dábase por extinguido o incendio iniciado o sábado ás 12,21 horas no concello ourensán de Baltar, parroquia de Garabelos do Bouzo. Este lume afectou finalmente unha superficie de 138,82 hectáreas, das cales 82,82 corresponden a arborado e as 56 restantes a raso, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 15 axentes, 33 brigadas, 20 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 9 avións.