ConcellosManzanedaÚltima hora

Extinguido o incendio forestal da parroquia de San Miguel de Bidueira (Manzaneda), tras queimar 32 has

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de San Miguel de Bidueira, quedou extinguido ás 16,40 horas de hoxe.

O lume iniciouse onte, 6 de novembro, ás 18,44 horas e  finalmente afectou unha superficie de 32 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 5 axentes, 11 brigadas e 8 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

 

Back to top button