OurenseÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Padrenda

O lume quedaba extinguido ás 00,16 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas de monte raso

 

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima, quedou extinguido ás 00,16 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 06,40 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 1 técnico, 8 axentes, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Back to top button