A GudiñaConcellosÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Parada da Serra (A Gudiña), que afectou a 67,8 has

Helicóptero actuando nun incendio./ Imaxe de arquivo.

 

Ás 20:33 horas deste luns 13 de outubro quedaba extinguido o lume iniciado onte ás 19:45 horas no municipio ourensán da Gudiña, parroquia de Parada da Serra, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Finalmente, este incendio afectou unha superficie de 67,83 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción, mobilizáronse 1 técnico, 13 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

 

Back to top button