Con “Flowers Will Bloom” (As flores seguirán florecendo) abríase e pechábase o concerto que o recoñecido pianista Fabio Álvarez ofrecía na tarde deste 27 de decembro no Auditorio Julio Vázquez de Trives, a súa vila natal. Ese mesmo tempo dá título ao seu último traballo, que era precisamente o bloque desta actuación.
“Flowers Will Bloom” é un programa “construído ao redor da idea da resiliencia, da capacidade de seguir adiante incluso después dos momentos más difíciles. Este título resume o espíritu dun repertorio que convida á esperanza, á renovación e á luz tras a adversidade. Neste contexto, interpretar este programa na Pobra de Trives, tras todo o vivido recentemente na comarca, e facelo ademais como concerto de peche de ano, adquire un valor especialmente simbólico e emotivo”, dicía este músico antes de subirse ao escenario.
Sobre el explicaba, con sumo detalle cada unha das pezas que logo intepretaba: a xa citada, Kosaku Yamada (1886-1965)- “The Flower of Karatachi”, Kozaburo Y. Hirai (1910-2021)- “A Fantasy for piano”, Toru Takemitsu (1930-1996)-“Romance”, Joe Hisaishi (1950)- “Fantasia (for Nausicaä)” e “One Summer’s Day (from Spiritited Away)”, Ryuichi Sakamoto (1952-2023)-“Merry Christmas Mr. Lawrence”.
Como vén sendo habitual nos seus concerto, Álvarez reservaba un espazo dedicado ao talento local, coa intervención dunha moza intérprete da Pobra de Trives, Abebe Fernández, que actuaba xunto ao pianista na parte final programa.
E, precisamente como broche da súa actuación, Fabio Álvarez rendíalle unha homenaxe á memoria musical da súa vila. Interpretaba unha peza de Ricardo Curtier datada en Trives e que el mesmo arranxou.

Flowers Will Bloom é o terceiro disco deste pianista trivés e lograba a Medalla de Prata nos Global Music Awards, ademais de recibir excelentes críticas tanto a nivel nacional como internacional. Actualmente Fabio Álvarez reside en Madrid, onde compatibiliza a súa carreira internacional como concertista co seu labor pedagóxico, mantendo un firme compromiso coa interpretación como forma de expresión artística, persoal e profunda.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

