DeportesFútbolÚltima hora

Falece José Luis Ferrer “Calis”, membro do CD Vilamartín que este sábado faralle unha homenaxe

José Luis Ferrer na xuntanza do CD Vilamartín hai dous anos./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na tarde do sábado 25 de xullo, as vellas glorias do desaparecido CD Vilamartín tiñan pensado celebrar unha nova xuntanza no campo de fútbol do Bañadoiro, seguida dunha cea, mantendo un costume que levan anos mantendo. Pero na mañá deste venres día 24 recibían a nova do falecemento dun dos seus compañeiros máis querido, José Luis Ferrer García, máis coñecido como “Calis” polo que decidían suspender a xuntanza no campo e ir “directamente ao restaurante da gasolineira a cear en homenaxe a Víctor o primeiro presidente do CD Vilamartín e de Calis un gran porteiro e compañeiro do equipo”.

José Luis Ferrer, natural de Vilamartín de Valdeorras, formou parte xa do primeiro plantel do equipo de fútbol do seu concello na tempada 73/74, xogando como porteiro ata a súa desaparición na tempada 86/86, mantendo a tradición futbolística no seu fillo Luis María e no seu sobriño Javier, ambos especialmente vencellados co CD Rúa, primeiro como porteiros e despois formando parte de diferentes directivas.

 

 

Veciño da Rúa onde vivía, José Luis levaba anos en cadeira de rodas, algo que non lle impedía formar parte da vida social da vila e asistir a eventos, incluída a xuntanza de fútbol, acompañado pola súa muller Isabel e a súa filla pequena Tatiana, falecendo hoxe aos 68 anos de idade.

A súa capela ardente está na Funeraria Canuto, Sala 2, na Rúa. O funeral será mañá, sábado 24 de xullo, ás sete da tarde na igrexa de Santo Estevo e a continuación o sepelio no cemiterio da localidade.

Back to top button