
Dende o Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) dábase a coñecer esta mañá a nova do falecemento esta noite de Miguel Ángel Garrido Gómez, socio desta entidade cultural, da que tamén foi vicepresidente, e que durante case 40 anos foi administrador da Delegación de Facenda no Barco.
Natural de terras castelás, desprazábase ata Valdeorras para exercer a súa profesión xunto á súa familia facendo do Barco o seu fogar. Era unha persoa de gran profesionalidade, afable e atenta, interesada polas artes, moi involucrada na vida cultural da comarca, de feito, ademais de ser membro do IEV tamén era integrante da formación musical Son do Sil.
“Os nosos pensamentos están con él e cos seus amados fillos, viúva e familia. Sempre estará con nós”, din dende a directiva do Instituto de Estudos Valdeorreses.
Polo de agora, non trascendeu información sobre o seu funeral. En canto se teñan máis datos, ampliarase esta nova.