
Neste 8 de outubro vén de coñecerse o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado, un economista, docente tradudor e político, nado en Santiago de Compostela.
Considerado un dirixente histórico do nacionalismo galego, Beiras liderou o BNG durante máis de dúas décadas, sendo candidato á Xunta de Galicia e exercendo como deputado en varias lexislaturas. No 2012 fundou un novo partido, Anova. Ademais, nese mesmo ano encabezaba a lista de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) nunhas eleccións galegas nas que non só acadaba representación parlamentaria, senón que mesmo formaba grupo parlamentario propio.
Xosé Manuel Beiras falecía esta madrugada aos 90 anos de idade. O seu corpo será velado a partir deste venres nunha das salas do Museo do Pobo Galego, en Santiago.
Fotos: Arquivo Carlos G. Hervella.
