ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece “Pepe do Meiral”, veterano e activo militante do BNG no Barco

Juan José Rodríguez, como interventor do BNG nas pasadas eleccións municipais./ Foto: O SIL.

 

Xa fose seguindo as sesións plenarias do Barco, participando en actos do BNG, facendo reparto de propaganda electoral ou mesmo como interventor do partido nas mesas electorais. Nunca fallaba. Juan José Rodríguez Rodríguez “Pepe do Meiral”, era un veterano, pero tamén moi comprometido e activo militante do BNG, que neste 9 de agosto falecía aos 81 anos de idade.

Os seus compañeiros do BNG facían pública esta triste nova e despedíanse del cunha breve pero sentido comentario, nas redes sociais: “QUE A TERRA CHE SEXA LEVE, COMPAÑEIRO XOÁN XOSÉ. O teu traballo e compromiso con Galiza é un exemplo para todas e todos nós”.

Natural do Meiral (O Barco), coñeceu de meniño a represión do réxime franquista, xa que a súa nai, foi represaliada.

 

Foto cedida polo BNG do Barco.

 

Apoiado na súa caxata, e sempre cunha visera, ata non hai moito, era moi habitual velo pasando polo Barco, en diferentes actos, e sempre facendo gala dun sentido do humor moi particular.

A súa capela ardente está instalada na sala 2 do Tanatoria Santa Rita do Barco e poderá visitarse o domingo 10 de agosto en horario de 11h. a 13h. e de 17h. a 19h. Alí a súa familia, amigos, compañeiros e veciños daranlle o seu último adeus.

 

Pepe do Meiral con compañeiros do BNG facendo reparto de propaganda electoral en Viloira, anos atrás./ Foto cedida polo BNG do Barco.
Back to top button