OurenseÚltima hora

Falece un ciclista en Toén

 

Pouco antes das sete da tarde falecía un ciclista na OU-402, en Puga, Toén, segundo vén de informar o 112 Galicia. “Aínda que o alertador asegurou que o ciclista caera, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso”, matizan dende o 112 Galicia.

Para atender o ciclista, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, “mais nada puideron facer para salvar a vida da persoa. Agora as forzas de seguridade, a Garda Civil de Tráfico, analiza as circunstancias para determinar as causas do falecemento”, tal e como indica o 112 Galicia.

Neste operativo colaborou tamén Protección Civil da localidade e membros do GES de Ribadavia.

Back to top button