OurenseÚltima hora

Falece un home en Baños de Molgas ao caerlle unha árbore enriba

 

Un home perdía a vida esta tarde en Baños de Molgas ao caerlle unha árbore enriba, segundo informa o 112 Galicia. Os feitos sucederon nunha zona de monte, no lugar de Calvelo, uns minutos antes das 15:00 horas desta tarde.

O 112 Galicia recibiu a alerta da situación do home a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado para atender a persoa. “Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso aos axentes da Garda Civil. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home estaba a realizar unha tala nunha leira familiar. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button