
Tráxica mañá no municipio de Vilamartín de Valdeorras. Tralo accidente de tráfico na N-120 ao seu paso por Arco no que resultaba ferida unha persoa, un home falecía nun accidente cun tractor nunha finca situada en Córgomo, tal como informan dende o 112 que tiña constancia do suceso “ás 13:25 horas a través da chamada dun particular, que alertaba da situación e da necesidade de asistencia urxente”.
Desde a Sala de Operacións activaban o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Valdeorras, o GES de Valdeorras, a Garda Civil e Protección Civil. “Ao chegar ao lugar, o persoal sanitario nada puido facer por salvar a vida do home”, aseguran.