
Na mañá deste luns 5 de outubro, falecía unha persoa tras sufrir unha caída nunha finca en Barbadás, tal como informan dende o 112 Galicia que tiña constancia deste suceso, minutos despois das 12:30 horas, a través dun particular, que explicou que “un home de avanzada idade sufrira unha caída cando se atopaba podando unha árbore nunha finca situada na rúa de Hermida, en Bentraces”.
Segundo o 112, “os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Barbadás interviñeron para retirar o corpo do home, que quedou atrapado entre a árbore e a parede dun galiñeiro”.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e a Policía Local e os membros de Protección Civil de Barbadás.
