OurenseÚltima hora

Falece un motorista ao sufrir un accidente de tráfico na N-120, en Ourense

 

Na mañá deste xoves 22 de outubro producíase un accidente de tráfico no quilómetro 571 da estrada N-120  ao seu paso polo termo municipal de Ourense, no que falecía un motorista.

Tal como informan dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia a alerta activouse pasados cinco minutos das 11 horas. “Nese momento, varios particulares contactaron co servizo de emerxencias para informar dun motorista accidentado que caera contra o gardarraíl e que precisaba asistencia sanitaria urxente debido á gravidade das súas feridas”, indican, asegurando que atendendo á información facilitada polos alertantes, “nformouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local”.

Con todo, “a pesar dos esforzos dos servizos mobilizados, o persoal sanitario desprazado ao punto só puido confirmar o falecemento do motorista”, lamentan.

Back to top button