Arredor das 20 horas desta tarde de 15 de xullo un particular contactaba co 112 Galicia para informar dun grave accidente entre un coche e unha moto na N-541, no quilómetro aproximado 50, en Lebozán, na localidade ourensá de Beariz. O alertador engadía que o motorista estaba no chan e precisaba asistencia sanitaria urxente, segundo informa o 112 Galicia.
De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de O Carballiño, aos membros do GES de Avión, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Beariz.
O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 derivou ao punto un helicóptero medicalizado con base en Ourense, sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida. “Así, unha vez no punto, o persoal sanitario só puido confirmar ao 112 o pasamento do motorista”, segundo o 112 Galicia.
