
Tráxico accidente de tráfico na tarde deste domingo 6 de xullo, en Riós cun falecido ao colidir un coche e unha moto no quilómetro 143 da A-52, en sentido Madrid, tal como indican dende o 112 Galicia que recibía o primeiro aviso por mor deste suceso arredor das 17:10 horas.
“Non foi a única chamada, pois varios particulares alertaron sobre o accidente, no que o motorista quedara tendido no chan”, explican os xestores do 112 Galicia que de contado pasaban aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico.
“Os medios desprazáronse ata o lugar do suceso, aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida ao motorista”, lamentan dende o 112.