ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Falece unha persoa, atrapada debaixo dun vehículo mentres este manobraba, en Monforte

 

Na tarde deste martes 10 de novembro, falecía unha persoa en Monforte de Lemos tras ser alcanzada por un vehículo. “A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo mentres este manobraba”, indican dende o 112 Galicia, explicando que o accidente produciuse nunha pista que sae da LU-617, en Moreda, sendo unha veciña á que acudiron para pedir axuda, a que alertaba.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte, ademais de pedir a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Con todo, “nada puido facerse por salvar a vida da persoa atropelada”, tal como confirmaba o equipo médico desprazado no lugar dos feitos, mentres o equipo de bombeiros prestou axuda para acceder á vítima.

Ata o lugar dos feitos tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Back to top button