OurenseÚltima hora

Falece unha persoa durante un lume nunha zona de monte en San Cristovo de Cea

 

Na tarde deste mércores 2 de xullo unha persoa falecía durante un incendio en Pobadura, na parroquia de Oseira (San Cristovo de Cea), segundo informan dende o 112 Galicia, explicando que pasadas as 16:30 horas, recibían o aviso “por mor dun lume nunha zona de monte a carón da OU-0406, sobre o quilómetro 16”. Isto motivou o aviso aos efectivos do Distrito Forestal, ademais de ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “quen mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, xa que había unha persoa que precisaba asistencia sanitaria”, aseguran.

O persoal sanitario desprazouse ata a zona, ademais de axentes da Garda Civil e de voluntarios de Protección Civil de San Cristovo de Cea. “Porén, desde o punto só puideron confirmar o falecemento da persoa, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida”, certifican dende o 112.

Back to top button