
Na pasada noite tiña lugar un accidente de tráfico dun quad na estrada de Freande, preto da zona da piscina, no municipio de Sarreaus. Eran os servizos sanitarios os que, minutos antes das 23 horas do venres, alertaron ao 112 Galicia do suceso. Producíase unha saída de via pola marxe dereita e posterior colisión co poste de peche dunha finca. No vehículo viaxaban dúas persoas, e o condutor permanecía inconsciente.
“Á súa chegada, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento deste, mentres que a súa acompañante foi evacuada ao hospital en ambulancia”, segundo o 112 Galicia.
No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Laza.
Fotos cedidas.
