OurenseÚltima hora

Falece unha persoa na localidade ourensá de Pontedeva tras envorcar o tractor que conducía

 

Ás 00:20h. deste martes o 112 Galicia recibía a chamada dun particular solicitando axuda para unha persoa que quedara atrapada baixo un tractor en Pontedeva e que podería estar falecida. De inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Celanova, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil.

“Así, tras chegar ao lugar e liberar á persoa, os servizos de emerxencia tan só puideron confirmar o seu pasamento. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home no momento de sufrir o accidente estaba realizando tarefas de roza no monte, no lugar As Lamas, situado en Pontedeva (Ourense)”. segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button