A VeigaConcellosÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tractor no municipio da Veiga

 

O 112 Galicia vén de informar do facelemento do “dono dun vehículo agrícola que, segundo os axentes da Garda Civil, lle pasou por enriba despois de apearse na entrada dunha pista do pobo de Requeixo, en A Veiga (Ourense). Ademais, mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo dun helicóptero medicalizado”.

Minutos despois das 11 horas, o 112 Galicia, tal e como indica esta entidade, “era alertado polo persoal do centro de saúde do lugar dun accidente de tractor, cuxo condutor estaba posiblemente atrapado. Entón, desde o 112 coordinouse a acción dos servizos sanitarios, que enviaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, a Garda Civil, os Bombeiros o parque comarcal de Valdeorras e o GES da Veiga, que partiron cara o lugar equipados con material de excarceración”.

Sen embargo, pouco despois confirmouse que “a persoa non estaba atrapada. O equipo médico só puido confirmar o seu falecemento. Finalmente, presentáronse no punto axentes da Garda Civil de Tráfico, xa que non se producira nunha zona agraria”, citando a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button