OurenseÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Piñor de Cea

 

Dez minutos antes das 18:00 horas deste mércores 28 de maio, o 112 Galicia tivo constancia da saída de vía dun turismo, con catro persoas, que acabou impactando contra unha árbore na estrada OU-0403, á altura da Corna, no concello de Piñor de Cea.

A condutora do coche conseguiu saír polos seus propios medios, xunto co bebé, mentres que a unha persoa permanecía inconsciente no interior.

Os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Piñor.

“De inmediato, o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Pola súa parte, os bombeiros levaron a cabo labores de excarceración para liberar á persoa atrapada e, malia os esforzos por reanimala, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. A condutora foi trasladada no helicóptero, mentres que o bebé sería levado en ambulancia ao Hospital de Ourense”, segundo informa o 112 Galicia. Así, os outros tres ocupantes do vehículo resultaban feridos, segundo indica a Garda Civil.

 

Back to top button