
Rozando ás 16h. desta tarde de 14 de xullo tiña lugar un grave accidente de tráfico na OU-533 (A Rúa-A Gudiña), en concreto no km 39.5, ao seu paso polo termo municipal do Bolo. Producíase unha colisión frontal entre un turismo e unha furgoneta.
Como consecuencia do accidente, resultaba falecido o condutor do coche e o seu compañante saía ileso. En canto aos ocupantes da furgoneta (2 adultos e 2 menores), quedaban feridos leves, segundo informa a Garda Civil de Tráfico.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato efectivos do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, así como equipos de investigación como o EIS Ourense, e servizos de emerxencia, como é o caso do GES da Veiga, voluntarios de Protección Civil do Bolo, e Urxencias Sanitarias-061.
En canto se teñan máis datos, ampliarase información.
Fotos cedidas.


