A VeigaConcellosÚltima hora

Falece unha persoa que caía por un terraplén en Prada (A Veiga)

 

Segundo vén de informar o 112 Galicia, este mediodía falecía unha persoa que caeu por un terraplén na Veiga. Un particular contactaba co 112 Galicia, minutos despois do mediodía, e sinalaba que tiña constancia deste suceso a través dunha persoa que acompañaba á falecida.

“Esta caeu por un terraplén á altura do quilómetro 9 da OU-0856, na parroquia veiguesa de Prada. A persoa permanecía inconsciente no momento do aviso. Os medios chegaron rapidamente ao lugar do accidente, e os efectivos do GES da Veiga encargáronse do seu rescate. A continuación, practicáronlle manobras de reanimación, sen éxito. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da implicada”, citando a información do 112 Galicia, quen tamén indica que no operativo participaban Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Veiga.

Desde Urxencias Sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Back to top button