
Na tardiña do luns 28 de setembro falecía unha persoa tras ser alcanzada por un tren en Cenlle. Tal como indican dende o 112 Galicia, o accidente producíase arredor das 19:20 horas, na parroquia de Laias, con acceso polo quilómetro 584 da N-120. “Segundo lle indicou persoal de ADIF ao 112 Galicia, producírase o atropelo dun tren a unha persoa. O alertador xa indicaba que a vítima podía estar falecida”, explican.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaban do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Ribadavia e á Garda Civil. “Unha vez os servizos de emerxencias chegaron ata o punto, só puideron confirmar o falecemento da persoa”.
