OurenseÚltima hora

Falece unha persoa tras ser atropelada en Sandiás

 

Pasadas as sete e media desta tarde de domingo, unha persoa perdía a vida tras ser atropelada na estrada N-525, á altura do quilómetro 203, no concello de Sandiás, segundo informa o 112 Galicia, que era alertado por un particular.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento da persoa atropelada, que camiñaba pola vía sen chaleco reflectante, segundo a información da Garda Civil.

Back to top button