ConcellosÚltima hora

Falece unha persoa tras unha saída de vía en Vilar de Barrio

 

Na xornada deste mércores 25 de marzo unha persoa perdía a vida tras unha saída de vía en Vilar de Barrio, tal como indican dende o 112 Galicia, asegurando que “non houbo máis implicados” e que tiñan constancia do suceso uns vinte minutos antes das 14 horas.

“Segundo indicou un particular, atopárase cunha persoa posiblemente falecida ao carón dun coche, nunha finca no lugar da Alberguería”, explican, asegurando que con estes datos, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Laza e á Garda Civil.

“Os servizos de emerxencia acudiron ata o punto e indicaron que parecía tratarse dunha saída de vía na que o vehículo, un coche con remolque, caeu por un desnivel, indicando que non puideron facer nada por salvarlle a vida á persoa implicada”.

Back to top button