
O xurado acordou, por unanimidade, concederlle o primeiro premio a Os camiños da vida de Noa Rodríguez Muñoz e Sergio Lage, alumnos de 2º de Bacharelato do IES Ribeira do Louro do Porriño. Valoraron neste
traballo a “calidade da imaxe, a coidada edición e a excelente documentación”.
O xurado decidiu entregarlle o segundo premio a Un “meniño naipelo” no espello de 14 lugares: Ramón Otero Pedrayo e os seus veráns en Vigo (1895-1901). Valorouse nel o “excelente traballo de documentación, a
implicación dos estudantes na descuberta do Vigo que coñeceu Otero Pedrayo sendo neno e a redacción do texto. Os gañadores son un grupo de estudantes de PDC do IES Castelao de Vigo.
A maiores dos premios, o xurado acordou propoñer a publicación do traballo presentado baixo o lema “Alon”, de Juan Mosquera Magarños, alumno de 2º de Bacharelato do IES Xulián Magariños de Negreira, na revista Trasalba que publica cada ano a Fundación Otero Pedrayo.
O acto de entrega dos premios será o vindeiro 16 de marzo na Fundación Otero Pedrayo, en Trasalba, Amoeiro.